Page: 1
| Author | Post |
|---|---|
|
#1 Mon Jun 25, 2007 5:46 pm
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Si teu problema non está resolto no wiki en "Primeiros pasos logo da instalación con éxito", entón deixa aqui a tua pregunta
|
|
#2 Tue Apr 15, 2008 1:04 pm
|
|
|
Member
Registered: Apr 2008
Posts: 2
|
Ola a todos.
Son un principiante de Linux, pero teño moitas ganas de aprender. Para comezar decidín recuperar unha vella Toshiba Satellite 230CX/1.4 Gb/32MB RAM que tiña abandonada. Este fin de semana, probei varias distros (DSL, Puppylinux e Deli linux) e decidinme por deli, xa que pareceume mais interesante e lixeira ademais, podes consultar manuais e foros en castelán e galego. Seguin paso a paso o manual http://www.galpon.org/wiki/index.php/Deli_Linux_-Galego- e polo de momento, conseguín cambiar o teclado a español, configurar a contorna gráfica (X) e montar o cdrom e o porto USB. Sen embargo, non teño conexión a internet dende o Toshiba, e non podo descargar e actualizar os portos. Quería instalar o procesador de textos (Ted) seguindo o foro de deli linux http://www.delilinux.org/forum/topic.php?id=585&usebb_sid=1ce7c704cf16e5bba97dee2334050124 pero non entendo moi ben o que se refire co script installTed.sh, xa dixen que era un novato en linux. Nun futuro gustaríame aprender a compilar e instalar paquetes binarios de R (www.r-project.org) en deli linux, xa que non teño internet. Saúdos arkanoides |
|
#3 Tue Apr 15, 2008 11:51 pm
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Ola Arkanoides,
Noraboa pola instalación, eu non te vou a poder axudar moito agora porque tamén son novato. Fixen as traducións, mais en linux ainda teño moito que aprender. Espero que Miguel, o de GALPon te poida axudar mais. En que idioma o instalaches? Eu atasqueime na instalación porque non me funciona o rato, e por diversos motivos non tiven ocasión de poñerme con iso até agora, ainda que o vou a facer en breve. Saúde |
|
#4 Wed Apr 16, 2008 1:20 pm
|
|
|
Member
Registered: Apr 2008
Posts: 2
|
Grazas polos teus comentarios. A primeira vez a fixen en galego, pero un erro no cd iso non me deixou avanzar. A segunda instalación con cd iso valido, a fixen en castelán, a verdade e que non me din conta, aínda que a interface gráfica aparece en inglés.
|
|
#5 Wed Apr 16, 2008 2:31 pm
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
De nada, home, que para eso temos o foro. Grazas a ti por preguntar aqui, xa que os foros que non se usen poden ser eliminados...Apareceche todo en inglés? Os programas tamén ou é o menú o que aparece en inglés?
|
Page: 1
ConnochaetOS is powered by UseBB 1 Forum Software