http://www.galpon.org/drupal/node/66
é así entran millor os temas libres

Page: 1
| Author | Post |
|---|---|
|
#1 Mon Jun 25, 2007 6:04 pm
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Se non consigues instalalo, aqui podes atopar axuda
|
|
#2 Wed Aug 08, 2007 6:18 pm
|
|
|
Member
Registered: Aug 2007
Posts: 74
Location: Vigo, Galiza, Europa
|
A ver se consigo ser totalmente claro, xa que tendo a liarme
Conseguín instalar "case" perfectamente ben a última versión co CD.iso sobre un Toshiba 4000CDTcon 4,1 GiB de Disco ríxido e 32 MiB de memoria RAM. Digo que o conseguín case, pois onde me quedo estancado é na entrada ás X, dáme un erro co teclado, probei case todas as combinacións, polo menos as que me pareceron máis lóxicas. Así mesmo, probei tambien varias configuracións de pantalla, este aparatito utiliza unha tarxeta Chips&Technologies FT65555 HiQVPro e a pantalla é do tipo fb800x600x15 (ó 256, segundo que norma se use) é dicir necesita framebuffering e a profundidade adecuada é 15bits (32k cores) cun sincronismo H 31.5-37.0 e V 40.0-70.0 (así ma configura Damm Small Linux). Despois de varios intentos, seguindo os consellos do Wiki e seguindo a miña intución, non lle atopo solución. Se tendes algunha idea agradézovolo, despois quero porme con outro portatil, tambien Toshiba de 1,1 GiB de disco e 16 MiB de memoria con lector de CD (220CS), sobre este último lin que alguén fixo funcional o modelo anterior (210CS, sen CD) Agradezo especialmente a axuda, pois estes equipos son para doar a asociacións sen ánimo de lucro e sen medios económicos, dentro do "proxecto" GRUVI - http://webs.uvigo.é/gruvi/ - Miguel. |
|
#3 Thu Aug 09, 2007 10:15 am
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Xa te respondín no foro español, non sabía que tamén o escribiras aqui. Aclarame unha cousa: Tiveches problema co teclado e tamén coa configuración da pantalla, polo que entedo son dous problemas. O que non sei é que problema é, se non te funciona nada, ou se non se ve ou se ve mal...
Saúde, manolo |
|
#4 Thu Aug 09, 2007 12:13 pm
|
|
|
Member
Registered: Aug 2007
Posts: 74
Location: Vigo, Galiza, Europa
|
A ver si me esplico ben:
Si prescindo de configurar as X (delisetup) e directamente vou a configurar o xwm consigo que me funcione aparentemente ben, digo aparentemente porque o teclado quedame en configuración "extranxeira", si toco calquer axuste de "xorg" xa se vai o traste todo. Conseguín solucionalo parcialmente, desactivando Xkb, para eso tiven que configurar o monitor en xorg.conf cos parámetros metidos a man "Xchipset" 800x600x256 e os sincronismos que dixen antes, e modificando a resolución máxima a 800x600 e 640x480. Así xerei o arquivo xorg.conf, e puiden crear unha sección con esta estrutura Section "Keyboard" XkbDisable EndSection De esta forma xa teño o teclado en es_ES, pero sigo sin ter AltGr (nin as suas combinacións) e o texto en AbiWord queda todo apelmazado. Pouco a pouco, parece, vanse solucionando as cousas, pero sempre se agradece unha axuda. Miguel |
|
#5 Thu Aug 09, 2007 12:48 pm
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Pois sinto moito non te poder axudar, pero vexo que sabes bastante mais de linux que eu, (eu estou empezando, e o único que fixen foi traducir o wiki (Galego, portugués e español) e pedirlle que puxera tamén un foro en galego. A axuda temos que facela aqui entre todos, espero que contemos ca tua colaboración para axudar a outros. Se tes un lector de novas, co RSS do foro podes ver as preguntas que van facendo. E cando teñas todo resolto, podes poñer o teu como un caso de instalación resolto, no wiki galego e en español (pode servir de axuda para outros. As cousas que non poidamos resolver nos, sempre podemos preguntarllas ao autor da distro no foro en inglés.
|
|
#6 Fri Aug 10, 2007 12:48 pm
|
|
|
Member
Registered: Aug 2007
Posts: 74
Location: Vigo, Galiza, Europa
|
Xa teño isto funcionando ó 98%, so me restan 2 detalles, a ver si pode alguen darme unha solución ou levalo ó foro inglés (xa que eo meu inglés é nulo)
parte 1 Conexión por rede mediante placa ethernet (fios) PCMCIA Unha vez carregados ós módulos de pcmcia (pcmcia_core, yenta_socket e ds) e o módulo de rede (8139too) consigo conectarme, pero (velaí un 1%) o reiniciar non están ós modulos, como xa eu supuña, pois non sei atopar o equivalente a /etc/modules en Debian, para fixalos para o arranque. Tratei de instalalos con "insmod", "modprobe" e máis "/sbin/modprobe" de ningunha das maneiras se fixan. parte 2 AbiWord parece como si estivera comprimido no largo, apelmaza todo o texto resultando inentilixible. Dinlle voltas, pero non chego a ningures Gracias de anteman Miguel |
|
#7 Sun Aug 12, 2007 4:10 pm
|
|
|
Member
Registered: Aug 2007
Posts: 74
Location: Vigo, Galiza, Europa
|
De todo o proceso colguei un manualciño en:
http://www.galpon.org/wiki/index.php/Deli_Linux |
|
#8 Sun Aug 12, 2007 5:02 pm
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Grazas Miguel, en canto poida vou traducir e poñer no foro inglés as cousas que te faltan por resolver. O de AbiWord parece ben extraño
|
|
#9 Sun Aug 12, 2007 6:07 pm
|
|
|
Member
Registered: Aug 2007
Posts: 74
Location: Vigo, Galiza, Europa
|
Agora estoume liando cos "ports" e engadindo no manualciño axustes de IceWM, que iso si que o coñezo ben
![]() se me dices como, podo pasarche un arquivo en texto plano co manualciño. Miguel |
|
#10 Mon Aug 13, 2007 8:46 am
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Xa está no English forum: http://www.delilinux.org/forum/topic.php?id=237
Cando teñas o manualciño completo, despois de resolver esto e o dos ports, podesmo mandar (meu correo-e está no meu perfil aqui) ou poñelo ti mesmo nos casos resoltos do wiki de Deli. Sorte cos detalles que faltan por resolver! Manuel |
|
#11 Mon Aug 13, 2007 3:20 pm
|
|
|
Member
Registered: Aug 2007
Posts: 74
Location: Vigo, Galiza, Europa
|
Si te fixas no manualciño, que xa estou a piques de rematalo, o problema de fixar os módulos está resolto, non sei si da forma máis limpa, pero está
![]() O tema de AbiWord é que non deixa espacio ningún entre os caracteres, así, duas os oo parecen o simbolo de infindo e tres erres rrr máis parecen unha m e a combinación ln semella unha agá h Sobre o teu correo-e, aparece como "Hidden" no perfil. Sobre o manualciño, creo que hay partes que podian engadirse ó propio manual de instalación, xa que tratei de resolver cousas habituais, de feito algunhas pistas saqueinas do foro en ingles, é tamen sería bon, para que os novatos vaian afacendose a GNU/Linux fedellando en cafeteiras e sin medo a destragar nada. « Last edit by miguelbf on Mon Aug 13, 2007 3:22 pm. » |
|
#12 Mon Aug 13, 2007 5:33 pm
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Pois por fedellar en cafeteiras sin medo a destragar nada... foi polo que me metón eu neste lio. E ainda non conseguín que funcuine a cafeteira. Eso si, conseguín darlle bastante publicidade a esta distro e penso que valeu a pena, terei a certeza cando consiga facela funcionar. Outra ciusa Miguel, vin que puxeches unha mensaxe no foto inglés, en español, non te van a entender...
De donde poñer o manual, pois xa veremos, a cousa e buscar o sitio onde se vexa mellor, ou onde encaixe ou onde teña mais posibilidade de ser útil. Eso nos textos galego e español, e xa traducido ao inglés podemos pasarllo a haary e que o poña onde queira |
|
#13 Mon Aug 13, 2007 5:39 pm
|
|
|
Member
Registered: Aug 2007
Posts: 74
Location: Vigo, Galiza, Europa
|
jajajajajaj.
así igual se decatan de que non todo é inglés ![]() de todolos xeitos, poden facer como min, electronic translator e a vivir. Como é a túa cafeteira, igual podemos poñela a funcionar |
|
#14 Mon Aug 13, 2007 7:39 pm
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Pois dalle unha ollada a o que puxen no seu dia:
http://www.delilinux.de/forum/topic.php?id=110 Despois pensei en poñer unha tarxeta con usb, que non ten, tendo en conta que o rato en serie xa non se atopa, e asi poñer un rato usb: http://www.delilinux.de/forum/topic.php?id=128 O caso é que ainda non fixen nada |
|
#15 Mon Aug 13, 2007 7:59 pm
|
|
|
Member
Registered: Aug 2007
Posts: 74
Location: Vigo, Galiza, Europa
|
Antes de nada ¿qué aparello é?
ratos serie teño eu a centos tes tamén adaptadores (eu teño bastantes) adaptadores serie a PS2 e a tarxeta usb ¿é PCMCIA ou PCI? hei probar o rato por usb e xa te conto cmo vai no portatil |
|
#16 Mon Aug 13, 2007 8:26 pm
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
É un pentium dos mais vellos, con 32 de ram se non me lembro mal. Tiña 2 discos de 4 e de 1 GiB. O de 4 cascou, morreu, finito. A tarxeta usb teño que mercala, por eso quería saber se é compatible. No foro en inglés hai moitos casos de ratos serie que lles pasa o mesmo (é en outros foros de linux) e a xente acaba por encontrar solucións para que funcionen
|
|
#17 Mon Aug 13, 2007 8:57 pm
|
|
|
Member
Registered: Aug 2007
Posts: 74
Location: Vigo, Galiza, Europa
|
Vamos por partes, en Linux en xeral o rato serie vai perfectamente, nalgunhas distros hay que configuralo manualmente, pero non é cousa de geeks o kernel 2.4 recoñeceos de contado, de feito, se non detecta ningún rato o XFree86 queda configurado para rato serie.
Para probas podo deixarte pezas, é máis si a tua placa ten zocalo para PS2 teño os terminais (que non preciso). E algún disco (como uns 20) de entre 80 MB e 2,6 GiB tamén hai dispoñible un ou dous de 6 GiB Como decia, para probas, teño alomenos unha placa PCI para duas saidas USB v2.0 e o kernel 2.4 recoñecea a primeira (cousa que non fai ningín Ha$efroch). |
|
#18 Mon Aug 13, 2007 11:43 pm
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Entón está claro que de un xeito ou outro vai funcionar, agora ben, son moitas posibilidades e non sei por onde empezar
![]() |
|
#19 Sun Aug 26, 2007 12:00 pm
|
|
|
Member
Registered: Aug 2007
Posts: 74
Location: Vigo, Galiza, Europa
|
Xa está rematado o manualciño da miña instalación:
En galego: http://www.galpon.org/wiki/index.php/Deli_Linux_-Galego- En Castelán: http://www.galpon.org/wiki/index.php/Deli_Linux_-Castellano- |
|
#20 Wed Sep 05, 2007 10:13 am
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Parabens, Miguel. Vou poñer os enlaces enlaces no novo grupo de usuarios que estamos a montar no Val Miñor (no que por certo estariamos encantados de que participases, o enderezo é http://bagonix.wikispaces.com/). Tamén o vou enlazar no wiki de Deli Linux. Non tiven tempo de facelo antes, mas agora é prioritario.
|
|
#21 Sat Sep 08, 2007 3:37 pm
|
|
|
Member
Registered: Aug 2007
Posts: 74
Location: Vigo, Galiza, Europa
|
a ver si vos apuntades a "churrascada" do "Software Freedom Day"
http://www.galpon.org/drupal/node/66 é así entran millor os temas libres ![]() |
|
#22 Thu Sep 20, 2007 4:01 pm
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Que tal resultou a churrascada? Pena que non puden ir. Foi tamén en Beade? Agira xa estou algo menos liado, asi que me gustaría aproveitar ese ofrecimento que me fixeches de pezas para probas, a ver se consego poñer a andar o PC vello. E teño unha pregunta (de linux, xeral): ampliamos a memória de outro PC, e parece ser que non vai a tarxeta. Se a bios a recoñece, podería ser que non a recoñeza xubuntu? |
|
#23 Fri Sep 21, 2007 8:20 am
|
|
|
Member
Registered: Aug 2007
Posts: 74
Location: Vigo, Galiza, Europa
|
Coas memorias hai que ter coidado con algo tan "elemental" como a capacidade do "bus", é probable que si o bus é de 100 (v.g) e a memoria é de 66, a bios vé o que hai, pero "ningún" sistema a utilizará
![]() Nalgún caso, dependendo da arquitectura, a inversa pode pasar algo similar, agora memo teño ese problema nun PII/350 de Dell, se configuro o chasis a 66 recoñece o procesador "reducido" a 266 e como memoria acepta que sexan PC100, si o configuro o bus a 100 recoñeceme os 350MHz do proc. pero só acepta memorias de 100, nin de 66 nin de 133. Incluso algo máis, fixeches un memtest (?) a bios ve a memoria e no arranque "parece" recoñecela, pero, si está defectuosa, non será ensamblada polo S.O. xa que ó "leer" erros pasa dela. Falando doutra cousa ¿acostumas a ir por "marcosende"? localizasme axiña no pabellon C edificio Newton (antigo CUVI). |
|
#24 Fri Sep 21, 2007 10:12 am
|
|
|
Member
Registered: Jun 2007
Posts: 84
Location: Nigrán, Galiza, EU
|
Pois parece que o problema, según me dixo o que me vendeu e instalou a memoria, e que o zócalo está averiado, asi que terei que segui como estaba, mentras dure o PC, que non vai ser moito, xa que o outro zócalo parece que non está moi bo tampouco. Non costumo ir moito por marcosende, xa vou vello demais. Vou algunha vez para cousas concretas de colaboración, cursos ou algo que me poida interesar (e me entere). Pero non é lonxe de aqui e pode achegarme nun momento. Non sei onde é ese enderezo, mas buscando ou preguntando supoño que o encontrarei. Dame mais detalles... dia, hora, se levo o pc aquel que quería poñerlle deli e necesitaba pezas para probas etc
|
Page: 1
ConnochaetOS is powered by UseBB 1 Forum Software